Temas Subtemas
O obxectivo da memoria final o Mestrado en Migracións Internacionais é a realización e defensa pública dun traballo no que se desenvolva e demostre a capacidade para:

- Integrar os coñecementos adquiridos durante a etapa formativa e aplicalos sobre un tema ou problema central relacionado coas migracións internacionais.
- Emitir unha valoración propia e fundamentada sobre o tema central de estudo que reflexe as responsabilidades éticas e sociais implícitas.
- O desenvolvemento autónomo das habilidades críticas, analíticas e creativas do/a alumno/a e da súa capacidade para comunicar as súas ideas ante un público experto en migracións internacionais.

A memoria será realizada de forma individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a, e defendida polo/a alumno/a ante unha comisión de expertos/as designada anualmente pola Comisión Académica do Mestrado.

Cun valor de 10 créditos ECTS, ten carácter obrigatorio para a obtención do título.