Código Competencias do título
A2 Manexo de programas informáticos aplicados á investigación social, así como de tecnoloxías dispoñibles da información e da comunicación. Capacidade de interpretar os resultados de programas de ordenador.
A6 Capacidade de análise das distintas manifestacións da cultura material e especialmente dixital.
A7 Capacidade de busca e coñecemento das principais fontes de datos secundarios e valoración crítica das limitacións e as posibilidades dos datos secundarios.
A9 Coñecer a metodoloxía aplicada ao uso e ao análise do audio-visual na investigación social.
B2 Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 Posuír habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun xeito autónomo e que facilite a autoaprendizaxe continua, de modo que poda desenvolver un proxecto de investigación no eido da investigación social de acordó cos principios éticos que o sustentan.
B5 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
B8 Adquirir unha formación metodolóxica que garantice o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.