Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A11 B9 B12 C1 C4 C6 Traballo sobre a análise pormenorizada dun destino especializado nalgunha tendencias turística.
O alumnado da Modalidade Presencial e o da Modalidade Online deberá facer este traballo de forma grupal e entregalo a través da plataforma en liña en formato PDF e cunha extensión máxima de 15 páxinas.

O documento identificarase da seguinte forma: Destino e o primeiro apelido dos diferentes compoñentes do grupo. Exemplo: Destino_Apelido_Apelido_Apelido.pdf
50
Lecturas A8 B1 B11 Lectura e análise dun dos artigos propostos polo docente, e que se pode consultar no Campus Virtual. Para a avaliación o estudante deberá entregar unha recensión en formato PDF, cunha extensión máxima de 6 páxinas, a través do Campus Virtual. O documento deberá de chamarse seguindo a seguinte proposta: Apelido_Nome_Recensión.pdf. Este exercicio é común para o alumnado da modalidade online e da modalidade presencial. 40
Sesión maxistral A12 A6 B8 B10 C5 C7 Plantexaranse diversos temas de interese actual relacionados coa materia para ampliar o coñecemento do alumnado e promover o debate. Para o alumnado presencial introduciranse os temas durante as clases maxistrais e para o alumnado online abriranse uns foros específicos no Campus Virtual da materia. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario ter unha cualificación de máis de 5 puntos tanto na lectura como no traballo tutelado. 

O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.