Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas nas que se explicarán os principais contidos de cada unidade didáctica. Asignaranse unha serie de lecturas que serán necesarias para o debate e participación na clase.
Proba práctica Os estudantes afrontarán tres probas prácticas avaliables que consistirán na elaboración dunha reflexión crítica sobre un tema relacionado cos contidos da asignatura. Estas dúas probas terán que cumprir a extensión e formato de letra indicados en moodle. Estas probas prácticas entregaranse a través da entrega de tarefas de Moodle en formato .PDF; nun arquivo cuxo nome identifique ao/á estudante. Estas duas probas terán un peso de 30% (proba 1), 40% (proba 2), 30% (proba 3) e representarán en conxunto o 100% da nota final da materia. As dúas probas deberán estar entregadas no formato e vía sinalada nas datas establecidas pola profesora no primeiro día do curso. Estas datas indicaranse no calendario moodle da materia.

O alumnado pendente de aprobar a materia na segunda oportunidade poderá entregar as tres prácticas en calquera momento do segundo cuadrimestre, contactando previamente coa profesora e tendo en conta as limitacións de prazos sinalados pola actas. Poderán obter igualmente o 100% da nota.