Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Tanto as titorías individuais como as titorías en grupos reducidos realizaranse durante o curso académico 2020/2021 de forma virtual. O alumnado ten á súa disposición os seguintes medios:

- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou facer correccións e/ou revisións de prácticas. A través do correo electrónico poderase concertar tamén unha titoría personalizada ou en pequeno grupo a través de TEAMS

– Moodle: Diariamente. Utilizaranse as ferramentas dispoñibles (foros temáticos...) segundo as necesidades do alumnado para resolver dúbidas sobre calquera aspecto da materia. Utilizaranse tamén os foros específicos para as discusións e debates dirixidos

– Teams: De 1 a 2 sesións semanais (segundo demande o alumnado) en grupo pequeno (ata 5 persoas) para o seguimento dos contidos da materia e apoio na realización de prácticas. Esta dinámica permite facer un seguimento máis personalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. Con estas sesións reforzarase tamén a atención aos estudantes “non presenciais” ou “virtuais” que puidese haber mesmo nun escenario de presencialidad. A estas titorías engadiríase o tempo das titorías individuais, onde poderían adoptar un papel máis activo.