Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A5 B1 B3 B4 B8 B9 B14 B20 C5 C6 Dadas as extraordinarias circunstancias, non se terá en conta a asistencia a clase. Agora ben, si se terá en conta a participación nas sesións de TEAMS que se programen ao longo do curso para debater algúns aspectos do temario así como a participación nos foros de Moodle. Os contidos dos Temas 1, 2 e 3 avaliaranse a través das probas practicas sinaladas 0
Proba práctica A2 A3 A4 B5 B14 B17 B19 B20 C1 C2 C5 C7 Temas 1, 2 e 3: A realización de tres probas prácticas a modo de reflexión crítica relacionadas con algún aspecto dos contidos destas sesións. O calendario de probas establecerase o primeiro día de clase, publicarase en calendario de moodle a súa data de entrega, que se realizará a través de Moodle.

Temas 4 e 5: O alumnado escollerá una das dúas temáticas (educación ou sanidade) e fará unha explotación de datos comparados entre diversos casos (países, rexións, etc.) que entregará nun comentario final. A entrega do traballo será a través da moodle e terá un valor do 40% da nota final.

Temas 6 e 7: O/a profesor/a responsable desta parte do temario esixirá a entrega dun traballo práctico sobre os contidos desta parte da asignatura. O peso desta tarefa na nota global é dun 20%.
100
 
Observacións avaliación

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.