Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Levaranse a cabo tutorías personalizadas, no despacho da profesora, para apoiar o desenvolvemento dos traballos tutelados, a presentación oral e as dúbidas sobre as lecturas. As tutorías serán un complemento ao traballo realizado na aula.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.