Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Para o estudantado matriculado na modalidade online ou en caso de nova situación de alarma e confinamento por mor da Covid-19, habilitaranse foros virtuais.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia. Os casos a analizar colgaranse no Moodle para o estudantado da modalidade online. En caso de confinamento realizarase a través de Teams.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao estudantado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo estudantado de forma individual.