Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B5 B7 B15 B17 B20 B21 C5 Descrición recollida en "Metodoloxías". *Débese consultar a información completa sobre a avaliación do traballo no espazo da materia na plataforma Moodle. 70
Presentación oral B9 B19 C2 C6 Participación nas actividades comunicativas propostas ao longo da materia, a maioría con compoñentes orais. *Máis información sobre as formas de participar en "Metodoloxías" desta Guía docente, e no espazo da materia na plataforma Moodle.
*Modalidade on-line: Esta presentación oral canalizarase a través do Foro virtual. Para máis información, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
30
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% dos puntos correspondentes a cada unha das actividades de avaliación.

Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimiento da asignatura (presencial ou virtual) serán iguais.

Tal e como se indica no apartado de metodoloxías, os/as estudantes que cursen a modalidade virtual deste Mestrado terán titorías coas profesoras ben vía correo electrónico, ben mediante o Foro virtual, ou –de ser posíbel– a través dun medio que permita conversar cara a cara durante unha das titorías. Así mesmo, garantiranse mecanismos que permitan que este alumnado se identifíque ante o profesorado e que realice a súa "presentación oral" (participación nas actividades tanto orais como escritas de aprendizaxe) aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.