Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os obradoiros consistirán en traballar individualmente o en grupo exercicios de resolución de problemas e aplicación de coñecementos sobre os temas expostas na bibliografía e na documentación, así como nas clases maxistrais. Requiren lectura e preparación previa de materiais. Algúns dos exercicios desenvolvidos durante os obradoiros plasmaranse en resultados que conformarán o portafolio do alumno.
Portafolios do alumno Para esta materia levarase un portafolios dos traballos de cada alumno, o cal consistirá, básicamente, nos resultados dos exercicios realizados nos obradoiros e ampliados mediante traballo autónomo (ou en exercicios sustitutorios equivalentes). Cada exercico responderá a instrucións e a criterios de avaliación detallados con anterioridade a súa entrega. As instruccións contarán con data de entrega, e se penalizará o atraso.
Sesión maxistral Dedicaranse horas presenciais para a presentación e discusión de cada tema, partindo dunha bibliografía e documentación de partida.