Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Dedicaranse horas presenciais para a presentación e discusión de cada tema, partindo dunha bibliografía e documentación previa.
Análise de fontes documentais A través da exposición en clase e con traballo autónomo, aprenderase sobre algunhas das estatísticas e fontes de información máis relevantes, así como sobre a lóxica fundamental que as fai operativas e limitadas.
Prácticas a través de TIC Asignaranse exercicios complementarios a cada lección que supoñerán o emprego de TIC, con tutoriales e recursos adecuados a cada caso.
Traballos tutelados Consiste nun traballo final individual, para desenvolver de forma autónoma, que representará o 40% da cualificación final.