Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida As sesións están baseadas nunha introdución teórica a cada unidade didáctica e a discusión colectiva na clase dunha serie de lecturas. Valorarase a participación activa dos alumnos.
Proba de ensaio Ao longo do curso os alumnos deberán escribir un ensaio académico (6.000 palabras máximo) que abordará o estudo dun caso práctico de cooperación ao desenvolvemento vinculado á xestión das migracións. Este caso pode ser actual ou ter unha perspectiva histórica. Os ensaios poderían ser presentados en clase.