Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A15 A19 B1 B4 B14 B18 B21 C7 Nota de particiipación
Valorarase a participación nas tarefas de preparación para as sesións de aula e nos debates (ou presenciais ou nos forums virtuais), no que respecta a: a súa elaboración antes da data limite establecida, o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística.
20
Traballos tutelados A20 B13 B19 B22 C3 C5 C6 Traballo final
Valorarase: calidade da descrición e grao de profundidade na análise das realidades e respostas políticas e sociais, calidade e viabilidade da proposta; apoio en fontes documentais complementarias e actuais; uso dunha linguaxe propia do contexto académico e científico; aspectos formais relativos á calidade da presentación.
80
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira:
proposta de proxecto e discusión dirixida.

A cualificación da discusión dirixida non é recuperable para a segunda
oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na primeira oportunidade,
derivada da participación no proceso de desenvolvemento da materia.

Para o alumnado online, os foros de debate na plataforma Moodle
substituirán a participación nos debates na aula. Estes e as tarefas de
preparación paa a sesión da aula deben completarse antes da data límite
asignada para recibir crédito completo na cualificación de participación.