Metodoloxías Descrición
Seminario As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno.
Traballos tutelados En cada sesión presencial dedicarase unha hora á reflexión aplicada e actualizada dos materiais discutidos no seminario, co obxectivo de elaborar resultados e chegar a conclusións que se materializarán nun traballo final. Valorarase especialmente a formulación metodolóxica e o carácter divulgativo da redacción final.