Temas Subtemas
Cada estudante dispón dun/ha titor/a académico/a ao/á que poderá acudir para calquera cuestión, dúbida ou continxencia. Esta persoa está en contacto cos/as responsables da entidade na que se desenvolven as prácticas. Ao concluír o período de prácticas, a entidade emitirá un informe avaliativo do traballo desenvolvido polo/a estudante, quen deberá á súa vez escribir un informe sobre a súa actividade durante as prácticas. Ambos serán tidos en consideración polo/a titor/a académico/a para a avaliación da materia.
As prácticas poderán desenvolverse en institucións públicas, empresas ou entidades non lucrativas.