Temas Subtemas
Obxectivo do traballo de investigación (TFM) - Estudo de calquera ámbito das políticas sociais e a intervención social
- Estará dirixido, preferentemente, á resolución dun problema real
-Integrar os coñecementos adquiridos durante a etapa formativa
-Emitir unha valoración propia e fundamentada sobre o tema central de estudo que reflexe as responsabilidades éticas e sociais implícitas
Desenvolvemento do TFM
- A memoria debe realizarse aplicando o proceso de investigación científica e demostrar que se adquiriron as competencias do título.
- Desenvolvemento autónomo das habilidades críticas, analíticas e creativas do/a alumno/a
- Dúas opcións:
a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas en institucións ou empresas;
b) A realización independente de ditas prácticas
- A memoria será realizada de forma individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a
Defensa do TFM -Capacidade para comunicar as súas ideas ante un público experto
- A memoria de Fin de Mestrado será defendida polo/a alumno/a ante unha comisión de expertos/as