Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B17 B19 C3 C4 C5 C6 C7 Realización dun traballo de investigación, no que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do máster. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflicta os coñecementos adquiridos durante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar os devanditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico dentro das temáticas do mestrado.
80
Presentación oral B1 B5 B9 B17 C6 Exposición obrigatoria do Traballo de Fin de Máster. Será realizada polos estudantes en sesión pública e antes unha comisión ou tribunal formada polo profesorado do Master e designada pola Coordinación dos TFMs. O calendario de defensas, a composición dos tribunais e a organización e estrutura do acto público será comunicado desde a coordinación, unha vez establecido. 20
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario:

1) ter superados o resto de créditos do máster (materias e período práctico)  

2) realizar a matrícula.

3) ter asignado un tema central ou título e un/a titor/a.

O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao.  O calendario e procedemento é común para o alumnado presencial e online. O alumnado online, que non poida acudir presencialmente o acto de defensa, deberá contactar coa coordinación para a súa presentación a través de ferramentas virtuais.  

As recomendacións para a súa elaboración e defensa, serán publicadas pola coordinación dos TFMs, a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da UDC.

Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato.