Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de maneira individual para a resolución de dúbidas e problemas, a través do horario de titorías establecido. Realizaranse tamén titorías a través da plataforma Teams previa cita co profesorado. O correo electrónico defínese como a principal ferramenta de contacto entre profesorado e alumnado.

No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderanse levar a cabo de maneira virtual (Skype, Teams ou correo electrónico). O material de traballo utilizado en clase, poñerase a disposición a través da plataforma virtual da materia.