Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos contaredes coa presenza na aula do profesorado durante as sesións prácticas e, ademais, poderedes programar as titorías que consideredes necesarias no horario que se comunicará ao comezo de curso. Tamén o profesorado estará dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico, TEAMS e o campus virtual.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica seguirán a avaliación da modalidade a distancia.