Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Os diferentes exercicios que se desenvolverán nas sesións de “Obradoiro”, así como os exercicios que se propoñan realizar de forma autónoma, incorporaranse a unha “carpeta do alumno” que se entregará ao remate do curso e estará suxeita a avaliación..
Obradoiro Ao longo do curso realizaranse diferentes sesións prácticas nas que se realizarán exercicios nos que o alumnado aprenderá os procedementos básicos para obter, estruturar, almacenar, analizar e visualizar datos masivos.
Presentación oral Ao remate do curso, dedicarase unha sesión á exposición dalgúns dos exercicios que forman parte do portfolio do alumno, especialmente aqueles dirixidos á visualización e presentación de resultados.
Sesión maxistral Haberá clases maxistrais nas que o peso da actividade recae principalmente no profesor. Este método pedagóxico compleméntase coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un papel máis activo ao alumnado.
Dado o contido eminentemente orientado á práctica investigadora desta materia, as sesións maxistrais terán frecuentemente un contido técnico, orientado á aprendizaxe dos procedementos de investigación baseados no Big Data máis habituais. Esta orientación técnica complementarase cunha reflexión sobre os fundamentos epistemolóxicos, éticos e teóricos deste tipo de investigacións.