Temas Subtemas
1. GENPOL - A desigualdade de xénero na implicación política: niveis local e nacional Esta investigación propón abordar as causas da desigualdade de xénero na implicación política, incorporando o estudo do nivel local, que se vencella tradicionalmente a un maior nivel de participación por parte das mulleres.
Para analizar este fenómeno emprégase unha metodoloxía mixta, que combina o enfoque cuantitativo e o cualitativo e integra a participación da cidadanía e de axentes políticos.
2. CAREMODEL - O modelo de coidados de larga duración en transición: xénero e migracións Este proxecto propón como obxectivo principal abordar os efectos da pandemia Covid_19 no sistema de coidados de larga duración en España. Analiza as consecuencias deste proceso no actual modelo de atención ás persoas maiores e adultos dependentes.
A análise destas cuestións require articular complexas dimensións nas que se entrecruzan a filosofía de implementación dos recursos públicos e privados, os valores e a cultura, e o mercado laboral.
3. CRISMIG - Crises, dinámicas migratorias e condicións de vida da poboación migrante en España Esta investigación propón abordar a relación entre as recentes crises e o fenómeno migratorio en España integrando a análise das dinámicas migratorias e as condicións de vida da poboación migrante.
A aproximación metodolóxica repousa nunha estratexia multimétodo que articula técnicas cuantitativas e cualitativas mediante unha estratexia de triangulación de carácter secuencial e que incorpora a participación dos principais axentes implicados.
4. RIDERS - Culturas emerxentes da precariedade móbil na gig economy dixital Nesta investigación, a chamada economía de plataformas é estudada a partir da análise da vida cotiá dos riders ou repartidores de comida a domicilio, rastreando a precariedade móbil nas cidades contemporáneas.
A metodoloxía utilizada, de tipo cualitativo, conleva o desenvolvemento dunha etnografía itinerante multisituada, partindo da mobilidade como enfoque e como práctica metodolóxica.