Metodoloxías Descrición
Presentación oral Guiada polas directrices do grupo docente, prepararáse unha presentación das lecturas asociadas a cada un dos proxectos de investigación e presentarase oralmente ao resto do alumnado.
Lecturas Lectura individual de textos académicos asociados a cada un dos proxectos de investigación.
Discusión dirixida Logo das presentacións orais, organizarase unha discusión dirixida, na que se exercitará a revisión por pares e a presentación de teorías e metodoloxías alternativas.
Seminario Seminarios nos que se presentarán os distintos proxectos en curso. Sempre que sexa posible, participarán no seminario outros membros do proxecto.