Proba obxectiva |
A12 B3 B20 B27 |
A proba obxectiva considérase como un exame único ao final de curso, no que o alumno desenvolverá argumentalmente, apoiado en exemplos etnográficos, unhas cuestións de rango intermedio, elixidas dentro dun pequeno listado temático proporcionado polo profesor (60% da cualificación desta Proba obxectiva), e en combinación coas respostas breves a catro preguntas concretas sobre aspectos da materia (que supoñen un 40% da cualificación). En conxunto, a cualificación da Proba obxectiva supón un valor do 50% da nota global. É requisito inescusable superar esta Proba obxectiva para considerar os outros elementos de avaliación. |
50 |
Para a avaliación de 2ª oportunidade, mantendo o requisito inescusable de ter que superar a proba obxectiva nesta citada 2ª oportunidade, realizarase unha media ponderada dos resultados desta (50% da cualificación final)con os resultantes das outras dúas metodoloxías (30% e 20%, respectivamente).
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante alunnado, inda que, no caso da "discusión dirixgida" sustituirase, para os primeiros, a presentación oral en clase pola entrega dun esquema-resumo de algunha das lecturas indicadas.
|