Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Economía política | Código | 615G01104 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A6 B3 B4 | Estas probas representarán o 80% da nota final. Realizaranse nas convocatorias oficiais segundo o calendario fixado pola Facultade. En función da evolución do curso poderá realizarse un exame pre-final, previo ás probas obxectivas e que poderá ter carácter liberatorio. Os/as profesores/as encargados/as da materia determinarán o tipo de material e recursos que poderán utilizarse nos exames, quedando terminantemente prohibido o uso de dispositivos e teléfonos móbiles. Se se permitise o uso de calculadoras, cada alumno/a deberá vir provisto da súa, para o seu uso individual e exclusivo. Unha vez comezadas as probas obxectivas, quedará prohibido o acceso a éstas aos/as alumnos/as que accedan máis tarde da hora fixada para o comezo dos exames. |
80 |
Solución de problemas | B4 | Estes traballos representarán o 20% da nota final e a cualificación obtida nos mesmos, desenvolvidos ao longo do curso, manterase para a oportunidade de Xullo. Valoraranse os supostos prácticos e a resolución de problemas realizados polo/a alumno/a. O prazo e o modo de entrega serán de obligado cumprimiento. Non se admitirán excepcións. | 20 |
Observacións avaliación | |||
De acordo co establecido no Artigo 7.5 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social o 4 de maio de 2017), non se admite a dispensa de asistencia a clase nesta materia.
As actividades de docencia presencial do curso abarcarán clases teóricas e clases prácticas. |