Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada desenvolveráse de xeito individual para a resolución de dúbidas e problemas. O desenvolvemento da atención persoalizada será a través do horario de titorías establecido. Se realizarán tamén tutorías a través de plataforma Teams previa cita co profesorado. O correo electrónico defínese como a principal ferramenta de contacto entre profesorado e alumnado.

No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo de curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderán levar a cabo de maneira virtual (Skype, Teams ou correo electrónico). O material de traballo utilizado na clase, porase a disposición a través da plataforma virtual da materia (Moodle).