Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A4 B6 B9 B13 B27 As lecturas avaliásense na 'proba de ensaio' 10
Recensión bilbiográfica A4 A17 B3 B6 B9 B13 B27 C1 A recension bibliografica avaliásese na proba de ensaio. 10
Proba de ensaio A14 A17 A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B12 C1 C3 Realizásense dous controis ao longo do cuadrimestre. É necesario aprobalos para facer nota media. Os alumnos que suspendan algún deses examéns podrezan presentarse á convocatoria de xaneiro/febreiro coa parte que non superaron 50
Prácticas a través de TIC A14 A17 B2 B3 B5 B7 C3 Realizaranse catro prácticas avaliables, a media das catro computará na cualificación final do curso. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación consiste,

- CONTROIS XERAIS de Teoría e Historia (2 controis)

ou Proba de coñecemento (exame escrito)

- PRÁCTICAS EN LABORATORIO (4 prácticas)

ou Informe escrito (entrega de resultados)

Os Controis Xerais consistirán nun exame escrito de dúas horas de duración, sobre o temario
da materia. Incluirá avaliacións das lecturas obrigatorias, a
comprensión das clases teóricas e as prácticas de laboratorio. Trátase
de exames con preguntas teóricas e prácticas.

Os dous controis terán unha puntuación de 7 puntos sobre 10 da nota
final do curso.


As prácticas consistirán na realización de exercicios relacionados co cálculo de
indicadores das principais variables demográficas.

Cada práctica inclúe a selección de indicadores, o manexo de bases de
datos estatísticos, a construción de táboas de cálculo e a elaboración
de gráficos.

Realizaranse 4 prácticas. Da suma das 4 prácticas obterase a nota final
da avaliación de Prácticas. Terá unha puntuación de 3 puntos sobre 10
da nota final do curso, sempre que se aprobasen as preguntas prácticas dos dous controis .

CUALIFICACIÓN FINAL


A nota final da materia sae da suma das avaliacións:

Control 1 (3,5) + Control 2 (3,5) + Nota das prácticas (3).


A nota final será a suma desas avaliacións a condición de que cada unha
delas fose aprobada.

É imprescindible ter aprobado cada unha das tres avaliacións.

É dicir, non hai media sen aprobar previamente cada un dos dous
controis e a avaliación das prácticas.

En caso de non aprobar algunha, a avaliación suspensa deberá superarse
na convocatoria oficial de xuño. É dicir, para a convocatoria oficial de
xuño conservarase cada nota parcial aprobada e só deberá contestar as
preguntas da avaliación suspensa.

En caso de suspender, o alumno acudirá
á segunda convocatoria oficial (en xullo) con toda a materia, é dicir,
cos dous controis e as prácticas correspondentes.

Os alumnos a tempo parcial ou con dispensa académica serán obxecto dunha
titoría personalizada, por parte de calquera dos dous profesores que
imparten a materia, un mes antes do exame final. A primeira titoría
establecerase na última semana do mes de abril e a segunda a mediados do
mes de maio.

NOTA: É necesario aprobar o exame para superar a materia.

Aqueles alumnos que non superen as avaliacións deberán presentarse á
convocatoria oficial de xullo, con toda a materia.

A efectos de revisión das cualificacións en cada control a comunicación
cos profesores será presencial no día e hora indicado nas listas das
notas de cada control. Non se realizasen consultas sobre as notas por
correo.