Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada un dos temas será exposto inicialmente en clase polo profesor. Ademais da exposición xeral do tema, na sesión insístese nos conceptos que, da avalición das probas de resposta breve, tirase a conclusión de que é precisa unha especial atención por parte do alumnado.
Lecturas De cada tema suxeriranse leturas que permitan cubrir ou complementar os obxectivos e competencias que se definan para cada un
Discusión dirixida Todos os temas requiren dunha análise crítica por parte dos/as alumnos/as. Estas realizaranse na aula, en clase, e sobre parámetros previamente marcados como orientativos
Traballos tutelados Trátase dun ou varios traballos temáticos sobre os contidos do programa.
Estudo de casos Trátase dunha de casos ilustrativos das diferentes temáticas tratadas. Ditos casos serán elaborados, en aula, na rúa, en aula informática, etc., dependendo do caso.