Temas Subtemas
Tema 1. Orixe e desenvolvemento da Socioloxía da Comunicación 1.1. Conceptos fundamentais de información, comunicación e opinión pública e distincións terminolóxicas.
1.2. A comunicación como obxecto de análise sociolóxica: conceptos e definicións; os compoñentes da comunicación; modelos teóricos da comunicación e tradicións no campo da teoría da comunicación; contextos e tipos de comunicación
1.3. Perspectivas teóricas para a análise sociolóxica da comunicación: os inicios en Estados Unidos e Europa; principais tradicións científicas no estudo da comunicación de masas
Tema 2. O estudo dos efectos mediáticos 2.1. A influencia (nos e dos) medios.
2.2. Evolución histórica na análise dos efectos mediáticos
2.3. Análise empírica dos efectos dos medios: modelos teóricos.
2.4. Revisión de conceptos e enfoques actuais
Tema 3. Opinión Pública 3.1. Orixe e desenvolvemento da Opinión Pública
3.2. Conceptualización do proceso de Opinión Pública
3.3. Características e estudos sobre o funcionamento da Opinión Pública
3.4. Perspectivas teóricas para a análise sociolóxica da Opinión Pública e enfoques actuais
3.5. Controversias arredor da Opinión Pública
3.6. Medidas de opinión pública
Tema 4. Información, comunicación e opinión pública na era da posmodernidade dixital. Discusións actuais 4.1. Novas formas de comunicación: comunicación móbil, redes sociais e aplicacións. A cultura da imaxe a inmediatez e as inxerencias.
4.2. Confusión e desinformación no espazo virtual. Conceptos e perspectivas.
4.3. democracia mediática. Comunicación para o cambio social

Este último tema está dedicado ao debate intelectual sobre o impacto dos fenómenos sociais actuais.
Tema 5. A investigación empírica da información, a comunicación e a Opinión Pública, dende a socioloxía 5.1. Deseño e fases do proceso de investigación
5.2. Estudo dos contidos, emisores, receptores e efectos: metodoloxía cuantitativa e cualitativa