Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada será de carácter individual (ou grupal) para solucionar dúbidas e/ou problemas que xurdan durante as clases, a realización das actividades do taller ou a elaboración do traballo tutelado.

A atención farase durante a celebración das sesións ou en horario de titorías, de forma presencial no despacho da profesora ou a través da canle de comunicación institucional Teams.

Recoméndase concertar cita previa para a titoría por correo electrónico, coa finalidade de organizar as citas e concertar o sistema de reunión (presencial ou online)