Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Ao final do período lectivo correspondente á materia, cada estudante ha de pasar unha proba escrita na que deberá demostrar o grao de coñecemento e comprensión da materia obxecto de estudo.
Sesión maxistral Comprenden o conxunto de explicacións do profesor necesarias para que o alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da materia) e se dote das ferramentas analíticas e as habilidades adecuadas ás competencias Tipo B.
Traballos tutelados Cada estudante debe realizar un traballo de investigación cuxo obxectivo sexa deseñar un conxunto de solucións viables para solucionar un problema social.