Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada unha das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse distintas fontes bibliográficas.
Análise de fontes documentais Comentario crítico e debate na aula, sobre fontes documentais (lecturas, documentos audiovisuais, información estatística...) recomendados polo profesor para cada tema.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo en grupo sobre un tema relacionado con impactos ecolóxicos e ambientais en Galicia. Este traballo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade a través de literatura sociolóxica e outras fontes de información e definición do problema e do estado da cuestión en investigación sociolóxica.