Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Globalización, medio ambiente e poboación | Código | 615G01409 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 | Para os traballos tutelados haberá dúas formas de avaliación, ambos baseados en traballos en grupo: Opción A. Realización dun estudo tutelado da mobilidade entre alumnos, PDI e PAS da Facultade de Socioloxía da UDC. Este estudo busca coñecer os hábitos de mobilidade e o grao de conciencia ambiental na facultade, así como identificar as claves para promover hábitos máis sostibles medioambientalmente. Os seus resultados avaliaranse en clase conforme á calidade nas fases de deseño da investigación, traballo de campo e análise. De obter a máxima cualificación, as conclusións serían incorporadas á Ecoauditoría da facultade e formarían parte do plan de acción para a obtención do certificado Green Campus, có debido recoñecemento aos seus autores/as. Opción B. Realización dun traballo teórico en grupo sobre un tema relacionado co tema dos impactos ecolóxicos e ambientais na Galiza. Este traballo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade a través da literatura sociolóxica e outras fontes de información e definición do problema e do estado da cuestión en investigación sociolóxica. O resultado deste traballop resentarase en formato póster, sendo avaliado na clase e posteriormente exposto e presentado en público na facultade no marco dunhas xornadas sobre Ciencias Sociais e Problemas Ambientais da Galiza. Os temas serán de libre elección por parte dos alumno/as, previa consulta co profesor do curso. |
80 |
Análise de fontes documentais | A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 | Realización individual de comentario de texto crítico de dúas lecturas recomendadas con relación directa coa materia do curso. A realización desta análise crítica non é obrigatoria para superar o curso, pero aporta un 20% da nota final. |
20 |
Observacións avaliación | |||
NOTA: A asistencia é obrigatoria polo que non se pode faltar a máis de tres clases sen xustificación Observación para o alumnado conrecoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia: O/o alumno/a deberá porse en contacto co profesor canto antes. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexeranse de acordoá realización dun traballo teórico (recensión/análise crítico de lecturas indicadas polo profesor) e práctico (realización do traballo de investigación bibliográfica) e na que o/o alumno/na terá que demostrar alcanzar ascompetencias e os resultados de aprendizaxe da materia. O traballo teórico teráun peso do 20% e o práctico do 80%, é obrigatoria a realización de ambos para superar a materia. O profesor porá en práctica diversas estratexias deacordo ás necesidades que se expoñan para facilitar ao alumnado nestas circunstancias o seguimento activo da materia e a súa atención personalizada. |