Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as clases maxistrais presentaranse as claves e debates fundamentais do temario. As sesións poderán ser presenciais ou poderán desenvolverse e gravarse a través da plataforma Teams.
Discusión dirixida Organizaranse debates en clase para escoitar e discutir a opinión do alumnado sobre o exposto nas clases maxistrais e, no seu caso, sobre as lecturas recomendadas. Os debates poderán ser presenciais ou organizarse online a través de foros de debate en Moodle
Traballos tutelados Cada alumno/a elixirá un tema sobre o que realizar un traballo tutelado sobre o temario da materia. Manteranse tutorías (presenciais/ online a través da plataforma Teams) coa profesora para o seguimento do traballo