Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos básicos da materia na aula utilizando material en soporte visual e artigos de interese.
Solución de problemas Consistirá na realización de actividades prácticas propostas pola profesora, correspondentes aos temas da materia. Estas actividades serán expostas e explicadas na aula, polo que para a súa correcta resolución é necesaria a asistencia a clase (non se poden faltar máis de tres clases sen xustificación)
Proba obxectiva O alumno presentarase a unha proba obxectiva sobre os conceptos básicos da materia.