Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura, por parte do alumno, de textos fundamentais ou relaciondos coa materia, de entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumno
Proba obxectiva Os alumnos haberán de superar un exame nas datas oficialmente establecidas.
Sesión maxistral É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas sobre os mesmos. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da asignatura, aos que os alumnos deberán de asistir, existiendo aa posibilidade de que nos exames poídase incluir algúns dos temas tratados en ditas actividades. Así mesmo, e na medida do posible, poderán levarse a cabo viaxes de formación coa visita a proxectos socioculturais en marcha ou xa realizados.
Traballos tutelados Os alumnos, de forma individual ou colectiva realizarán ao longo do curso unha serie de prácticas e un traballo que implique a xénese dun proxecto sociocultural. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor. Os traballos servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. A dirección ou tutela efectuarase de forma individual no despacho do profesor ou colectiva en días de clases non presenciais. Para a elaboración destes traballos os alumnos apoiaranse na bibliografía especializada existente.