Metodoloxías
Descrición
INVESTIGACIÓN: Durante o proceso de elaboración do traballo de investigación o alumno asistirá a dous titorías obrigatorias que ademais serán avaliadas e que servirán como orientación para levar a bó término o traballo. Asimesmo o alumno poderá pedir outras titorías de modo voluntario. Estás titorías faranse no horarion das clases presenciais.

DISCUSIÓN DIRIXIDA: A discusión farase a partires de textos de autores teóricos que serán o punto de partida do tema que o profesor explicará na clase maxistral. Ao orientar, o profesor favorece que o alumno poida coa lóxica chegar aos núcleos centrales do tema, favorecendo así o seu posterior estudo.
Esta atención farase a partires das intervencións de cada alumno no grupo, dun modo colaborativo.

LECTURAS: Para a resolución de dúbidas é aconsellable que o alumno asista a titorías no gabinete do mestre e no horario designado a tal efecto.