Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A7 A8 B8 Plantearanse proxectos para realizar ao longo do curso. Estes traballos recibirán revisións semanais ás que é preciso asistir.
60
Presentación oral A1 C3 As presentacións públicas asócianse aos traballos tutelados. 10
Proba obxectiva A12 A proba escrita versará sobre a teoría impartida na materia. 30
 
Observacións avaliación

A primeira oportunidade realízase mediante evaluación contínua dos traballos prácticos e unha proba escrita. A segunda oportunidade consiste na realización dunha proba teórica e un traballo práctico a entregar na data oficial de exame.

Nesta materia a presentación material dos traballos considérase parte da aprendizaxe e como tal é avaliable. Non se admitirá un traballo que non acade o estandar mínimo universitario.

As faltas de ortografía considéranse unha falta grave, de forma que cinco faltas de ortografía no mesmo traballo supoñen un suspenso, e catro ou menos restan 0,25 puntos cada unha.