Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio.
Presentación oral Presentacións de traballos e proxectos, en boa parte relacionados coas prácticas de laboratorio.
Proba obxectiva Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica da materia, aínda que tamén se inclúen preguntas sobre a parte práctica.
Prácticas de laboratorio 1. Creación de estrutura e mapa de navegación para webs propostas.
2. Creación de páxinas web básicas.
3. Creación de páxinas web con distintos elementos e composicións (táboas, formularios, capas…).
4. Busca e comparación de distintos tipos de aloxamento web.
5. Integración de compoñentes visuais na web.
6. Creación web co uso de diferentes ferramentas.