Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 50
Proba mixta A7 A12 B6 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online, segundo as circunstancias que a situación sanitaria permita. Parcialmente formará parte da avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

Recoméndase que o estudante consulte periodicamente a plataforma moodle onde se publicarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer unha proba teórica avanzada, realizar unha serie de exercicios a través da plataforma Moodle e, se as cicrunstancias sanitarias lo permiten, asistir a un mínimo de actividades. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase en Moodle e a execución seguirase a través da mesma plataforma.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.