Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles
- ideación dun formato
- busca e análise de contidos tranmedia, crossmedia ou branded content
Estudo de casos Realizaranse os seguintes estudos de casos:
- revisión de materiais de formatos informativos
- revisión de materiais de formatos de entretemento
- análise das tendencias de formatos a nivel internacional
Presentación oral É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado e dos traballos prácticos de programación
Proba mixta Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos