Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B6 C4 Exame escrito con preguntas curtas e preguntas a desenvolver 40
Traballos tutelados A1 A2 A7 - análise dunha grella de programación e localización de xéneros por canles
- ideación de un formato
- busca e análise de contidos transmedia, crossmedia ou branded content
55
Presentación oral B6 B7 B8 Presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado 5
 
Observacións avaliación

É necesario superar tanto o exame escrito como cada unha das probas prácticas (traballos tutelados) para poder aprobar esta  asignatura.

Considero que dúas cuestións básicas que un futuro comunicador debe ter perfectamente asentadas son as seguintes:

- debe saber explicarse con claridade -tanto nun soporte escrito como de xeito oral-, construíndo frases correctas dende un punto de vista sintáctico e semánto.

- debe ser quen de redactar sen faltas de ortografía.

Por estes dous motivos os alumnos deberán facer exposicións orais dos exercicios prácticos que realicen ao longo da asignatura. A presentación terase en conta na avaliación final das prácticas. Así mesmo, o exame non será tipo test, senón que será necesario redactar e razoar cada unha das respostas.

As faltas de acentuación ou calquera outro tipo de falta ortográfica poderá invalidar o exame (só se aceptará un máximo de dous acentos mal colocados ou inexistentes. Non se tolerarán faltas ortográficas graves).