Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo complementado co uso de material audiovisual, coa finalidade de transmitir coñecementos, mostrar diferentes métodos de aprendizaxe e definir un " workflow" de traballo.
Proba mixta Exame teórico.
Proba práctica Exame práctico.
Traballos tutelados Realizárase un traballo final libre no que se poñerán en práctica os coñecementos adquiridos á hora de deseñar, modelar e texturizar un personaxe. Tamén se creará un vídeo recompilatorio onde se mostrarán os modelos realizados durante o cuadrimestre a modo de portfolio.
Análise de fontes documentais Análise sobre referencia bibliográfica que servirá para asentar conceptos anatómicos, así como técnicas de parametrización e topoloxía en modelado orgánico.
Prácticas de laboratorio Realizáranse diferentes traballos prácticos individuais segundo o cronograma da materia que servirán para asentar os coñecementos teóricos e que formarán parte activa da avaliación do curso.