Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Proba mixta
Descrición
Realización de traballos encamiñados a conseguir un proxecto audiovisual. Farase unha breve exposición da materia e propoñeranse traballos prácticos, tutelados polo profesor.

Para a súa realización é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso e así asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación da ferramenta Moodle, o correo electrónico, e personalmente.