Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
(Virtual)
Traballos tutelados Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Investigación (Proxecto de investigación) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) .
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Presentación oral Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano narrativo, funcional e estético.
Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo).
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
(Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos)