Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A22 A39 B10 C1 C3 C8 C9 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 15 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
15
Obradoiro A4 A37 A39 B4 B7 B8 B13 C3 C6 C9 As prácticas teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano).
10
Traballos tutelados A4 A5 A8 A37 A39 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C6 C7 Conta cunha valoración máxima de 4,5 puntos (2 +2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 2 punto pola construción dun relato sonoro (traballo A)

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.
45
Presentación oral A39 B11 C1 C3 C7 C9 Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.

Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.

Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
Sesión maxistral A4 A8 A10 B1 B5 B7 B11 C4 C8 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas actividades teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados). Só se admitirán aqueles exercicios prácticos entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos.
20
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará
polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de
soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XANEIRO/FEBREIRO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total
das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste
cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así
como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato
diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte,
ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa
avaliación.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual,
    proposta pola docente, co correspondente dossier [seguindo as normas do
    "Proxecto final", traballo tutelado B]. Este traballo e a súa
    presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto
    ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10%
    presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial
    de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual
    co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán
presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de
xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria.