Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta metodoloxía consiste na modalidade de exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas formuladas aos estudantes co fin de transmitir coñecemento e facilitar a aprendizaxe. Tamén terán lugar, sesións de retroalimentación colectiva con intervención dos estudantes.
Obradoiro Nesta segunda metodoloxía, o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe experimentando todos os coñecementos adquiridos.
Portafolios do alumno Na data do exame final entregarase un portfolio do traballo da materia seguindo as indicacións indicadas en tempo e forma.