Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 C1 C9 Exame teórico 20
Proba práctica A15 B1 B2 B3 B6 B7 B13 C3 C9 Exame práctico 20
Portafolios do alumno A10 A15 B1 B2 B4 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C3 C7 C9 Traballo final 20
Obradoiro A15 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C3 C7 C8 C9 Exercicios prácticos 40
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (20% da nota
final), un exame teórico (20%), un traballo final (20%) e os exercicios
prácticos (40%) realizados ao longo da materia. 



As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación
que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e
publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. 



O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe
e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas
nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables
e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión
posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado;
realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do
alumnado. 



As sesións expositivas, os talleres, as probas
avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe
autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de
dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas
durante os períodos de tempo sinalados.