Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos de Auditoría/611506001
Procedimentos de Auditoría/611506002
Informes de Auditoría/611506003
Contabilidade Superior I/611506004
Normas Internacionais de Información Financeira/611506005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Contabilidade Superior II/611506007

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Débese facer un uso sostible dos recursos co fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural.

2.- O comportamento persoal e profesional debe guiarse por principios éticos.

3.- Terase en conta na medida do posible a perspectiva de xénero.

4.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade.

5.- Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse actuacións e medidas para corrixilas.

6.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente dificultades para acceder a unha vida universitaria adecuada, igualitaria e beneficiosa.