Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise sistemático i en profundidade sobre un conxunto de feitos e problemas presentes nun determinado caso empresarial sobre o que os alumnos deben dar resposta e formular as solucións máis oportunas
Simulación Consistirá na realización de simulacións con diferentes políticas diseñadas polo propio estudante.
A súa realización aconsella seguir unha serie de etapas:
1. Identificación do patrón dinámico de comportamento que se pretende xerar.
2. Establecemento dunha hipótese de partida.
3. Plantexamento do diagrama causal a partir do modelo de simulación de soporte.
4. Análise descritiva das políticas implantadas no modelo.
5. Análise dos escenarios contemplados no modelo.
6. Implementación de simulacións a realizar co modelo e conclusións obtidas.
Unha vez expostas as diferentes políticas e seleccionadas as máis convenientes o alumno participará na fase competitiva do xogo na que se enfrontará con ditas políticas a escenarios descoñecidos para el e a competidores dos que descoñece as súas correspondentes políticas.