Metodoloxías
Estudo de casos
Presentación oral
Solución de problemas
Análise de fontes documentais
Discusión dirixida
Descrición
O profesor ademais de atender ás cuestións expostas polos estudantes en cada unha das clases, atenderaos de forma máis ampla e personaliza nas sesións de tutorías.
Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia.
Durante o desenvolvemento dos casos, o alumno poderá intervir para preguntar, aclarar ou expor o seu punto de vista sobre algún aspecto relativo ao caso, e atenderase de forma personalizada a cada un dos grupos de traballo orientándoos na formulación do caso, fomentando a discusión construtiva entre os compoñentes do grupo e corrixindo aqueles aspectos do traballo que a xuízo do profesor así o requiran. O seguimento de cada un dos traballos contribuirá a poder valorar de forma máis precisa o esforzo realizado por cada un dos compoñentes do grupo de traballo.